
A Galicia Interior
ZONA:
TIPO DE RUTA:
DURACIÓN:
HORA DE SALIDA: A convenir 11:30 - Días laborables y sábados no festivos 12:00 - Domingos, festivos, o día de celebraciones religiosas
PUNTO DE ENCUENTRO:
COSTE - PRECIO:
IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).
OBSERVACIONES:
INCLUIDO:
ENTRADAS:
TRANSPORTE, ALOJAMIENTO Y COMIDA:
TE PUEDE INTERESAR:
Descripción
Galicia é unha comunidade que ten moito por descubrir aínda, especialmente algunhas zonas máis afastadas das capitais na costa e as áreas do interior da nosa comunidade.
O interior de Galicia é un lugar cunha gran variedade de paisaxes, podemos ver áreas de montañas, chairas, campos e bosques, áreas de viñedos ou grandes vales. Todo o territorio está vertebrado por ríos tan importantes como o Sil, o Miño, o Sar, o Támega, o Ulla ou o Eume. Galicia ten múltiples paisaxes, que nos permiten realizar visitas e itinerarios moi variados a zonas completamente distintas.
A variedade xeográfica e climatolóxica condiciona as formas de construción, os cultivos, o uso e organización do territorio. Cada paisaxe é diferente pola súa natureza e pola súa organización territorial, o que nos permite mostrar unha gastronomía moi variada na que destacan, as carnes autóctonas, a pesca fluvial, a castaña, o viño, as augardentes, o pan, as patacas, os queixos, o mel, as froitas e moito máis. As construcións locais, tamén se adaptan á contorna: podemos ver pallozas, ata pobos autenticamente vitivinícolas, áreas de cereais e de moitos hórreos ou zonas claramente de produción gandeira ou de castaña.
O patrimonio e as tradicións locais son unha auténtica sorpresa! Existe unha enorme riqueza en románico e prerrománico, os mosteiros son innumerables, hai grandes e descoñecidos pazos, coquetas e monumentais vilas, paisaxes de película, infinidade de ríos e mananciais termais con recoñecidas propriedades, enfin, o interior galego é unha zona menos coñecida que a costa ou que lugares turísticos como Santiago pero que realmente esconde grandes xoias e sorpresas como Ourense, a capital Termal de Galicia, como Lugo e a súa muralla romana de máis de 2km ou como as fermosas localidades e pobos de Lalin, Mondoñedo, O Barco de Valdeorras, Allariz, Arzúa, Monforte, Ribadavia, A Golada, Sarria, Silleda, Baños de Molgas, Monterrei, Carballiño, Xinzo de Limia, Celanova ou A Pobra de Trives, entre tantas outras.
Nos roteiros que organizamos, tratamos de mostrar esa riqueza e valor que ten o interior, esas formas e costumes xenuínas, que permanecen e queremos coidar e conservar, cun turismo sostible, que beneficie no local e achegue sensacións auténticas ao que nos visita.
Somos Genuine Galicia, somos especialistas no menos coñecido de Galicia, somos especialistas no interior de Galicia.
Descobre a Galicia verde connosco!
- TIPO DE RUTA: Á Carta
- DURACIÓN: Variable/Xornada completa ou varias xornadas
- HORA DE SAÍDA: A concertar
- OBSERVACIÓN: O roteiro personalízase para cada cliente
- INCLUIDO: Guía Oficial + Entradas a museos e monumentos
- TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Opcional. Pódese xestionar cos nosos colaboradores.
- PARTICULARES: solicitar orzamento. Itinerario personalizado. Duración adaptada.
- GRUPOS: Itinerario personalizado. Duración adaptada. Solicitar tarifas de grupo.
- IDIOMAS : Français, italiano, english, deutsch, português, outros (solicitar).
SUXERENCIA DE VISITAS:
- O máis vistoso! Descobre o interior de Galicia
- Ruta monumental polo interior
- Ruta Paisaxes do interior
- Visita ás cidades e vilas do interior
- A Galicia interior cos 5 sentidos
- A Galicia interior ao Natural
- Tradición e gastronomía no interior galego
MÁIS INFORMACIÓN:
info@genuinegalicia.com