Queridos viaxeiros, ¡Benvidos a Galicia! ¡Bienvenidos ao límite da Europa Atlántica!

Gustaríame invitarte á Galicia menos visitada,…que te te volvas a encontrar coa nosa terra galega. A Galicia máis xenuina e nosa… estamos desexando que compartas o teu tempo con nós.

¿Quen é Genuine Galicia?

https://www.youtube.com/watch?v=8mADO39N4kk

https://www.youtube.com/watch?v=ONSc-ARKqBc

¿Que é Genuine Galicia?

Genuine Galicia é unha web de visitas, tours e excursións por Galicia creada por Rosa Dorado, guía oficial de turismo de Galicia. En Genuine Galicia atoparás: En Genuine Galicia atoparás:

  • Experiencia e profesionalidade Traballamos en turismo dende o 2004.
  • Confianza e honestidade.
  • Produtos coidados e singulares.
  • Pasión e agarimo polo que facemos.
  • Compromiso contigo, co medio ambente e co turismo sustentable.

¿Qué ofrecemos ?

Genuine Galicia é una empresa especializada en turismo interior, que opera dende a cidade de Ourense. Ofrece rutas por todo Galicia, especialmente na zona interior e provincia de Ourense:

  • Guías Oficiales de Galicia. Servizos de visitas guiadas en diferentes linguas: galego, castelán, inglés, francés, italiano, portugués, alemán e outros (consultar).
  • Visitas guiadas en todo Galicia, para grupos e particulares.
  • Tours temáticos: Rutas de enoturismo, gastronomía, monumentais, natureza, artesanía e produtos locais etc…
  • Excursións e rutas de temporada (primaveira, entroido, vendima, castaña…). Consultar web www.genuinegalicia.com
  • Rutas á carta. Itinerarios e visitas persoalizadas.
  • Visitas didácticas para escolares e estudantes.
  • Produtos de experiencias.
  • Escapadas ao norte de Portugal e entorno próximo a Galicia (Bierzo, Sanabria…).

Somos guías profesionais titulados da Xunta de Galicia. Cumplimos coa lexislación vixente.

Falamos varios idiomas: Inglés, francés, italiano, portugués, alemán, galego e español. Podemos dispoñer de guías noutros idiomas, Consúltenos.

¿Cal é a nosa filosofía?

Genuine Galicia promove o turismo de calidade, responsable e sostible.

Estamos comprometidos coas persoas, coa sociedade, co medio ambiente e co turismo accesible.

Participamos de proxectos en Turismo Creativo, Eco-EmoTurismo, Turismo Social, Cultural e de Natureza.

En Genuine Galicia cremos no turismo positivo, que te enche de lembranzas, lugares, sabores e vivencias locais, o turismo que te achega ás culturas, ao ambiente e ás persoas, o turismo que nos volve viaxeiros, no que se prioriza a hospitalidade, a atención personalizada e a calidade de servizo.

Somos amantes do noso traballo e estamos implicados coa nosa terra.

¿Quén é Rosa Dorado?

Rosa Dorado

Chámome Rosa Dorado e traballo en turismo desde o ano 2004. O meu gusto pola historia, a arte, a natureza e as persoas, leváronme a centrar a miña actividade no mundo turístico.

Son licenciada en Historia, Arte e Xeografía e Técnico Superior en Información e Comercialización Turística, conto con formación complementaria (becas, cursos, másteres) en varios ámbitos relacionados coa arqueoloxía, as letras, as humanidades, as linguas, a xestión de grupos e o turismo.

Son Guía Oficial de Galicia e realizo visitas en Galicia en castelán, galego e varias linguas estranxeiras para che amosar o máis descoñecido e xenuíno da nosa terra.

Realizo visitas en varias linguas extranxeiras ademáis do castelán e galego.

Como profesional pertenzo a diferentes organizacións e colectivos do ámbito turístico como a Asociación de Guías Profesionais de Galicia e, a través dela, ao Clúster de Turismo de Galicia, á CEFAPIT (Confederación Española de Federacións e Asociacións Profesionais de Guías de Turismo), á FEG (European Federation of Tourist Guide Associations) e a WFTGA (World Federation of Tourist Guide Associations). Tamén son membro de PROTURGA (Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia) e da Ruta do Viño Ribeiro. Estou habilitada como guía RASGO da Rede de Xudarías Españolas,Camiños de Sefarad.

Os compañeiros que colaboran comigo e máis eu somos guías locais de Galicia, profesionais do turismo, autorizados pola Xunta de Galicia para o exercicio da nosa profesión.

En Genuine Galicia temos unha gran variedade de clientes: Particulares, Axencias de viaxes, Hoteis e Casas de Turismo Rural, Balnearios, Administracións públicas, Empresas, Colexios e Institutos, Universidades, Asociacións e colectivos de todo tipo.

¡Ven á Galicia Genuina!