Ribeira Sacra, Á Carta
Natureza, río, canón, viño e monumentos. É unha ruta moi completa que nos levará por un dos lugares máis fermosos de Galicia. Un lugar máxico cunha natureza abraiante.
Description
Natureza, río, canón, viño e monumentos. É unha ruta moi completa que nos levará por un dos lugares máis fermosos de Galicia. Un lugar máxico cunha natureza abraiante.
A Ribeira Sacra é un territorio vertebrado por varios canóns e ríos entre os que destacan o Sil e o Miño. A zona é motivo de visita pola exuberancia da súa natureza e agrestes canóns, a presenza dos seus numerosos mosteiros e igrexas románicas, pero tamén pola enorme riqueza monumental como pazos, fortalezas, románico, construcións etnográficas e viticultura. A zona é unha das 5 denominacións de orixe de Galicia, na cal se producen viños na súa maioría tintos. A Ribeira Sacra presume da súa viticultura chamada heroica, polo enorme esforzo que realizan os viticultores á hora de producir viño con uva dunhas cepas que nacen en ladeiras cun grao de pendente inusual.
TIPO DE RUTA: Á Carta
DURACIÓN: Variable/Xornada completa ou varias xornadas
HORA DE SAÍDA: A convir
PUNTO DE ENCONTRO: A convir
DESCRICIÓN: A ruta se personaliza para cada cliente
CUSTO/PREZO:
- PARTICULARES: solicitar orzamento. Itinerario personalizado. Duración adaptada
- GRUPOS: Itinerario personalizado. Duración adaptada. Solicitar tarifas de grupo.
- COLES E INSTITUTOS: Tarifa especial. Posibilidade de ser realizada en idioma extranxeiro.
- PRIVADOS: Solicitar tarifas
IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, Outros (solicitar).
OBSERVACIÓN:
- Visita dispoñible todo o ano.
- Obrigatorio Reserva Previa.
- Suxeito a dispoñibilidade de guía.
- A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade. A visita está condicionada polas aperturas, acontecementos excepcionais dos lugares a visitar.
- Visitas en idiomas: Só con reserva previa.
INCLUIDO: Guía Oficial de Galicia.
ENTRADAS: A determinar no programa.
TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Pódese xestionar cos nosos colaboradores.
PÓDECHE INTERESAR:
INFORMACIÓN E RESERVAS:
info@genuinegalicia.com ou tf 675 558 545