Visita Monumental: Ourense cidade + Catedral
From: 16.00€
Visita guiada pola zona vella de Ourense, descubrindo a súa contorna monumental e os edificios e anécdotas máis singulares, cunha visita ao interior da catedral.
ZONA: Ourense - Allariz
TIPO DE RUTA: Cultural
DURACIÓN: Visita 2h-3h
HORA DE SAIDA: 11:30 e 17:30 - Días laborables, sábados e domingos. Consultar calendario de actividade en días festivos. Outras horas ou datas, solicite dispoñibilidade.
PUNTO DE ENCONTRO: MAÑÁS: Diante da Oficina Municipal de Turismo. Xardins do Padre Feijóo. TARDE: Rúa Juan de Austria 1, escaleira de acceso ao Patin da Catedral
COSTE – PRECIO:
IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).
OBSERVACIÓNS:
OBRIGATORIO RESERVA PREVIA.
Visita dispoñible todo o ano. Outros horario ou días de visita, solicitar por formulario web ou ao teléfono +34 675 558 545.
Suxeito a dispoñibilidade de guía.
Visita peonil. A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade. La visita está condicionada polas aperturas, acontecementos excepcionais e celebracións da catedral.
Visitas en idiomas: Só con reserva previa.
Posibilidade de ampliar duración se é visita privada ou grupo
INCLUÍDO: Guía Oficial de Galicia. Entrada catedral. IVA 21%.
ENTRADAS: Catedral de Ourense
TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Non incluido
PÓDECHE INTERESAR:
Description
Visita guiada pola zona vella de Ourense, descubrindo a súa contorna monumental e os edificios máis singulares, cunha visita ao interior da catedral.
Situada preto da fronteira con Portugal, a cidade de Ourense, é a gran descoñecida de Galicia. O seu centro histórico e o seu bo ambiente convidan a pasear por un ambiente agradable, onde o encanto é unha sorpresa para o visitante.
Fundada polos romanos, a cidade desenvolveuse ao redor das augas termais e dos ríos que atravesan o seu val, quedando daquela a coñecida ponte romana de Ourense. O carácter termal da cidade é indubidable, a gran cantidade de mananciais mineromedicinais que brotan na cidade danlle o título de “Capital termal de Galicia”. Entre os monumentos máis salientables están o claustro de San Francisco, un dos mellores claustros góticos de Galicia, as igrexas de La Trinidad, Santo Domingo, San Francisco ou Santa Eufemia, cunha fachada barroca cóncava que non deixa indiferente. Cabe mencionar moi especialmente a catedral de San Martiño de Ourense. Fortificada en aspecto, foi un dos edificios defensivos da cidade durante séculos. A solidez do edificio-fortaleza contrasta coa harmonía e a tranquilidade interna. No interior, o Pórtico do Paraíso, do s. XIII, dos poucos que conservan a policromía en España; a exuberante capela barroca do Santo Cristo; a cúpula, cuxa altura aporta certa esvelteza ao complexo e o retablo principal, cuxo detalle debemos ao taller de Cornelis de Hollanda.
A visita combinada da cidade + catedral é o mellor xeito para os viaxeiros de descubrir Ourense e un dos seus monumentos máis emblemáticos. Unha visita realizada por guías profesionais galegos, que combina o interese monumental cun achegamento á cultura, anécdotas e tradicións locais da cidade, enmarcada no destino Galicia.