Visita á catedral de Ourense
From: 12.00€
A catedral de San Martiño de Ourense, é a gran descoñecida das catedrais galegas. A súa arquitectura de fortaleza confírelle un aspecto singular e robusto que contrasta coa tranquilidade que sente no interior.
ZONA: Ourense - Allariz
TIPO DE RUTA: Temática
DURACIÓN: Visita 1h-2h
HORA DE SAIDA: 13:00 e 16:30 ou 17:30 - días laborables, sábados e domingos. Consultar calendario de actividade en días festivos. Outras horas ou datas, solicite dispoñibilidade.
PUNTO DE ENCONTRO: Praza de San Martiño. Diante das escaleiras da fachada da Catedral. No novo local da Oficina Municipal de Turismo de Ourense.
COSTE – PRECIO:
IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).
OBSERVACIÓNS:
OBRIGATORIO RESERVA PREVIA.
Visita dispoñible todo o ano. Outros horario ou días de visita, solicitar por formulario web ou ao teléfono +34 675 558 545.
Suxeito a dispoñibilidade de guía.
Visita peonil. A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade. La visita está condicionada polas aperturas, acontecementos excepcionais e celebracións da catedral.
Visitas en idiomas: Só con reserva previa.
Posibilidade de ampliar duración se é visita privada ou grupo
INCLUÍDO: Guía Oficial de galicia. Entrada Catedral de San Martiño.
ENTRADAS: Catedral
TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Non incluido
PÓDECHE INTERESAR:
Description
A catedral de San Martiño de Ourense, é a gran descoñecida das catedrais galegas. A súa arquitectura de fortaleza dálle un aspecto único e robusto que contrasta coa tranquilidade que se sente no seu interior.
Situada en pleno centro de Ourense, rodeada de pequenas prazas e antigas rúas medievais, a catedral segue sendo un dos principais monumentos da vila termal. De estilo románico de transición ao gótico, o edificio conta con espazos dunha enorme riqueza que o visitante non imaxinaría desde unha simple vista exterior.
A visita ao monumento é obrigada. O acceso ao interior do templo permite descubrir a capela do Santo Cristo, fito do barroco galego; o fermoso retablo gótico flamígero de Cornelis de Hollanda; o Pórtico do Paraíso policromado, do século XIII, e outras numerosas xoias que non deixarán de sorprender ao visitante.
A visita guiada á catedral percorre os principais puntos de interese do monumento, ofrecendo ao visitante unha visión xeral dos detalles, características de interese e obras máis salientables do xacemento auriense.










