Visita a Allariz-Casco Histórico

12.00

Allariz é unha fermosa vila, un modelo de restauración e recuperación do seu casco histórico. O ambiente natural e fluvial mestúrase en harmonía co patrimonio monumental, dando lugar a un conxunto histórico-artístico cheo de recursos. Produtos locais, artesanía, tendas Outlets, gastronomía local e numerosas actividades completan a oferta turístico-cultural da vila.

ZONA: Ourense - Allariz

TIPO DE RUTA: Cultural

DURACIÓN: Visita 1h-2h

HORA DE SAIDA: 11h30 ou 17h30 . Ver calendario de reservas. Outras horas ou datas, solicite dispoñibilidade.

PUNTO DE ENCONTRO: Diante da oficina municipal de turismo de Allariz

COSTE – PRECIO:

  • PARTICULARES: Adultos: 12 euros (Ive 21% incluido). Moz@s (13 a 17 anos): 6 euros (Ive 21% incluído). Nen@s de ata 12 anos: gratuíto.
  • GRUPOS: Solicitar tarifas de grupo
  • COLES E INSTITUTOS: Solicitar información
  • IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).

    OBSERVACIÓNS:
    OBRIGATORIO RESERVA PREVIA.
    Visita dispoñible todo o ano. Outros horario ou días de visita, solicitar por formulario web ou ao teléfono +34 675 558 545.
    Suxeito a dispoñibilidade de guía.
    Visita peonil. A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade.
    Visitas en idiomas: Só con reserva previa.
    Posibilidade de ampliar duración se visita privada ou grupo.

    INCLUÍDO: Guía Oficial

    ENTRADAS:

    TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Non incluido

    PÓDECHE INTERESAR:


    Description

    Allariz é unha fermosa vila, un modelo de restauración e recuperación do seu casco histórico. O ambiente natural e fluvial mestúrase en harmonía co patrimonio monumental, dando lugar a un conxunto histórico-artístico cheo de recursos. Produtos locais, artesanía, tendas Outlets, gastronomía local e numerosas actividades completan a oferta turístico-cultural da vila.
    Sentado á beira do río Arnoia, Allariz está vinculado a Afonso X o Sabio, por ter sido o lugar de educación do monarca durante parte da súa infancia. A historia da cidade levaranos a falar dos suevos, dos peregrinos, dos xudeus, da etnografía ou das actividades e eventos locais que conforman a identidade do lugar.
    Na actualidade, Allariz é un fito do turismo de Galicia, a excelente recuperación do conxunto histórico foi galardoada co Premio Europa Nostra. As prazas e rúas levan ao visitante a entrar nun entorno cunha clara configuración medieval, no que se poden descubrir fermosas igrexas como Santa María de Vilanova ou Santiago de Allariz, pero tamén o impoñente Convento de Santa Clara ou a muralla e a fermosa ponte en o río Arnoia. Os moitos museos son sorprendentes, entre todos destacamos o Museo do Coiro, situado nunha antiga fábrica de curtidos e o pequeno museo de Santa Clara, que alberga dúas sublimes pezas de arte ibérica do s. XIII que son a Cruz de Cristal de Roca e a Virxe “abrideira” de Allariz.

    You may also like…