Montaña de Ourense : Trevinca, Manzaneda e Valdeorras, Á Carta

Esta rexión é unha das 5 D.O. Viticultores de Galicia, veciña de Las Médulas, un lugar explotado pola súa minería dende tempos remotos. Aquí o seu terreo de lousa dálle todo o sabor ao viño. Os brancos e os tintos fanse en adegas subterráneas, seguindo a antiga tradición introducida polos romanos. Valdeorras … o val dos ouros, ouro e viños de lousa!

 

ZONA: Manzaneda - Trevinca - Valdeorras

TIPO DE RUTA: A la cartas

DURACIÓN: Variable: Visita corta. Media xornada. Xornada completa ou varias xornadas.

HORA DE SAIDA: A convir

PUNTO DE ENCONTRO:

COSTE – PRECIO:

  • PARTICULARES:
  • GRUPOS: Itinerario personalizado
  • COLES E INSTITUTOS: Tarifa especial
  • IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).

    OBSERVACIÓNS:

    INCLUÍDO: Guía Oficial de Galicia

    ENTRADAS:

    TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Pódese xestionar cos nosos colaboradores

    PÓDECHE INTERESAR:


    Description

    Esta rexión é unha das 5 D.O. Viticultores de Galicia, veciña de Las Médulas, un lugar explotado pola súa minería dende tempos remotos. Aquí o seu terreo de lousa dálle todo o sabor ao viño. Os brancos e os tintos fanse en adegas subterráneas, seguindo a antiga tradición introducida polos romanos. Valdeorras … o val dos ouros, ouro e viños de lousa!

    Monumentos, veu de val e montaña, bosques, esquí e patrimonio industrial… Nesta marabillosa zona descubrirás pazos, castelos, igrexas e santuarios incribles, vestixios das culturas e pobos que por aquí transitaron: romanos, xermanos, árabes, peregrinos do Camiño de Inverno, reis e escravos.

    Aquí atoparemos natureza, patrimonio, gastronomía, tradicións arraigadas e o entroido máis auténtico, en fin este é…un lugar no que descansar e gozar.

    A zona está situada entre Zamora e o Bierzo, é un lugar de paso que foi defendido para protexer o comercio e os viaxeiros, como demostra a presenza de restos de fortalezas e torreóns. Consérvanse antigas calzadas romanas e pontes, camiños reais, camiños de peregrinación a Santiago (Camiño de Inverno), pero aínda hoxe as modernas estradas, vías de tren, fan uso deses pasos entre montañas.

    Esta zona do interior de Galicia conserva moi ben as tradicións e saber vivir. A gastronomía está baseada nos produtos locais de montaña como o mel a castaña, a caza ou mesmo o aceite de oliva producido nos vales.

    Geológicamente é un lugar de sumo interese para coñecer a formación da terra na nosa zona. Tamén é un bo lugar para a observación, de aves, fauna ou de estrelas, A Veiga nas inmediacións de Pena Trevinca é un Destino Starlight..

    A actividade industrial e mineira é fundamental nesta zona, os romanos extraeron ouro, máis recentemente había minas de Wolframio, aínda que hoxe a minería concéntrase na lousa.

    A súa contorna conserva varias xoias naturais, como o Parque Natural da Serra de Enciña de Lastra ou o « teixedal de Casaio» un bosque de tejos único en Europa e na nosa península.

    Con Genuine Galicia, descubrirás a riqueza da cultura de val e montaña.