Vía da Prata e Camiño de Santiago en Ourense, Á Carta

A Vía da Prata é un dos camiños oficiais de peregrinación que levan a Santiago de Compostela. Este camiño sae desde Sevilla recorrendo a península de Sur a Norte ata Santiago de Compostela. O seu percorrido supera o 900 km. dos cales máis de 200 transcorren pola Comunidade Galega.

ZONA: Provincia de Ourense

TIPO DE RUTA: A la cartas

DURACIÓN: Variable: Visita corta. Media xornada. Xornada completa ou varias xornadas.

HORA DE SAIDA: A convir

PUNTO DE ENCONTRO: A convir

COSTE – PRECIO:

  • PARTICULARES:
  • GRUPOS: Itinerario personalizado
  • COLES E INSTITUTOS: Tarifa especial
  • IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).

    OBSERVACIÓNS:
    Visita dispoñible todo o ano.
    Obrigatorio Reserva Previa.
    Suxeito a dispoñibilidade de guía.
    A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade. A visita está condicionada polas aperturas, acontecementos excepcionais dos lugares a visitar.
    Visitas en idiomas: Só con reserva previa.

    INCLUÍDO: Guía Oficial de Galicia

    ENTRADAS:

    TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Pódese xestionar cos nosos colaboradores

    PÓDECHE INTERESAR:


    Description

    A Vía da Prata é un dos camiños oficiais de peregrinación que levan a Santiago de Compostela. Este camiño sae desde Sevilla recorrendo a península de Sur a Norte ata Santiago de Compostela. O seu percorrido supera o 900 km. dos cales máis de 200 transcorren pola Comunidade Galega.

    O seu nome é especialmente rechamante e procede da palabra árabe balat o Bal’latta, que significa camiño empredrado. A vía foi historicamente usada par a incursión ao interior da Península Ibérica, así como para o comercio e traslado de viaxeiros, sendo xa usada no s VII a. C. Cos romanos procédese ao seu empredrado e convértese nunha das grandes calzadas do Imperio en Hispania, unindo Sevilla con Astorga. Na Idade Media segue sendo a principal vía que achegaba desde o sur aos peregrinos que se dirixían á tumba do apóstolo Santiago.

    Na actualidade o nome de Vía da Prata, como camiño de peregrinación, resume o conxunto de camiños que prolongan esta vía ata Compostela. Algunhas destas importantes prolongacións chegan ata Sevilla e proceden de localidades como Selecta, Xaén, Córdoba, Huelva ou Cádiz (son o chamados Camiño Mozárabe, Vía Augusta, Camiño do Sur). Outras desembocan na Vía da Prata ao longo do seu percorrido ou modifican o trazado para acurtar ou variar o camiño, como o tramo que pasa desde Zambra ata Verin (Ourense) por Bragança (Portugal), Vía da Prata portuguesa.

    O punto crave na peregrinación a Santiago, seguindo o trazado romano, sitúase á altura de Zamora, na Granxa de Moreruela, alí o peregrino pode decidir seguir a Vía ata Astorga e proseguir polo Camiño Francés, ou continuar desde Moreruela polo Camiño Sanabrés e Vía do Sur-Leste que é a prolongación da Vía da Prata por Ourense ata Santiago. Esta variación do camiño por Ourense e o sur de Galicia é a máis importante que se realizou durante o cristianismo para alcanzar a tumba de Santiago. Pola espectacularidade do percorrido e menor saturación recomendamos seguir polo tramo sanabro-ourensán.

    A antiguedade da Vía da Prata e a relevancia do patrimonio cultural e natural que se atopa entorno á calzada, converten este camiño nun excepcional recurso turístico. A Vía pasa por catro cidades Patrimonio da Humanidade (Mérida, Cáceres, Salamanca, Santiago de Compostela) e por localidades tan fermosas como Zafra, Hervás, Zamora ou Ourense.

    O percorrido pola Vía da Prata permite ao viaxeiro gozar dun importante contraste xeográfico, cultural, natural e etnográfico, así como dunha rica e variada gastronomía.

    A Vía da Prata é un mundo de sensacións, sorprenderáte!

    En Genuine Galicia queremos achegarte á Vía da Prata. Podemos realizar algún tramo contigo, incluir a Vía nun roteiro cultural ou acompañarte no itinerario durante varios días ata chegar á túa meta.