Monterrei, Verin e Viana, Á Carta
Description
A Comarca de Monterrey atópase nos límites con Zamora e Portugal. É unha comarca vitivinícola, paso da Vía da Prata, Camiño de Santiago.
A comarca aséntase nun profundo val e está unida a Portugal polo río Támega. O val está rodeado de montañas que foron testemuña da dureza da construción da vía férrea e do contrabando con Portugal. A súa capital, Verin, conforma unha Eurocidade xunto coa súa veciña Chaves en Portugal.
Na zona destacan os entroidos tradicionais únicos, como o de Viana, Vilariño de Conso, o de Verin ou o de Laza. Chamados « entroidos» as celebracións son absolutamente sorprendentes, tanto polos ritos como pola propia vestimenta dos personaxes do entroido. Os entroidos desta zona coloridos e conservan o carácter etnográfico ancestral.
A área ten unha gran riqueza en augas termais e mananciais medicinais, o conxunto presume de ser uns dos puntos de Galicia con maior caudal de augas mineromedicinales da comunidade, pero esta é tamén una das 5 DO vitivinícolas de Galicia, polo que poderás saborear excelentes viños, acompañados da gastronomía local, carnes autóctonas, castaña, pementos de Oímbra ou mel. Sorprenderánte o patrimonio local, igrexas, pobos, torres e o castelo de Monterrei, a mellor fortaleza de Galicia sen dúbida!
Este roteiro levaranos a unha terra sorprendente e con moito que ofrecer…Descúbrea connosco!
TIPO DE RUTA: Á Carta
DURACIÓN: Variable/Xornada completa ou varias xornadas
HORA DE SAÍDA: A convir
PUNTO DE ENCONTRO: A convir
DESCRICIÓN: A ruta se personaliza para cada cliente
CUSTO/PREZO:
- PARTICULARES: solicitar orzamento. Itinerario personalizado. Duración adaptada
- GRUPOS: Itinerario personalizado. Duración adaptada. Solicitar tarifas de grupo.
- COLES E INSTITUTOS: Tarifa especial. Posibilidade de ser realizada en idioma extranxeiro.
IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, Outros (solicitar).
OBSERVACIÓN:
- Visita dispoñible todo o ano.
- Obrigatorio Reserva Previa.
- Suxeito a dispoñibilidade de guía.
- A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade. A visita está condicionada polas aperturas, acontecementos excepcionais dos lugares a visitar.
- Visitas en idiomas: Só con reserva previa.
- Posibilidade de ampliar duración se é visita privada ou grupo
INCLUIDO: Guía Oficial de Galicia.
ENTRADAS: A determinar no programa.
TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Pódese xestionar cos nosos colaboradores.
PÓDECHE INTERESAR:
INFORMACIÓN E RESERVAS:
info@genuinegalicia.com