La Galicia Interior, Á Carta

Galicia é unha comunidade que ten moito por descubrir aínda, especialmente algunhas zonas máis afastadas das capitais na costa e as áreas do interior da nosa comunidade. O patrimonio e as tradicións locais son unha auténtica sorpresa! Nas rutas que organizamos amosamos a riqueza e o valor que ten o interior, esas formas e costumes xenuínos que quedan e queremos coidar e preservar, cun turismo sostible que beneficia localmente e proporciona sensacións auténticas a quen nos visita.

ZONA: Galicia

TIPO DE RUTA: A la cartas

DURACIÓN: Variable: Visita corta. Media xornada. Xornada completa ou varias xornadas.

HORA DE SAIDA: A convir

PUNTO DE ENCONTRO: A convir.

COSTE – PRECIO:

  • PARTICULARES: Solicitar Tarifas e información
  • GRUPOS: Solicitar tarifas de grupo
  • COLES E INSTITUTOS: Tarifa especial
  • IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).

    OBSERVACIÓNS:
    A ruta se personalizada para cada cliente.
    Visita dispoñible todo o ano.
    Obrigatorio Reserva Previa.
    Suxeito a dispoñibilidade de guía.
    A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade. A visita está condicionada polas aperturas, acontecementos excepcionais dos lugares a visitar.
    Visitas en idiomas: Só con reserva previa.

    INCLUÍDO: Guía Oficial de Galicia.

    ENTRADAS: A determinar no programa.

    TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Pódese xestionar cos nosos colaboradores

    PÓDECHE INTERESAR:


    Description

    Galicia é unha comunidade que ten moito por descubrir aínda, especialmente algunhas zonas máis afastadas das capitais na costa e as áreas do interior da nosa comunidade.

    O interior de Galicia é un lugar cunha gran variedade de paisaxes, podemos ver áreas de montañas, chairas, campos e bosques, áreas de viñedos ou grandes vales. Todo o territorio está vertebrado por ríos tan importantes como o Sil, o Miño, o Sar, o Támega, o Ulla ou o Eume. Galicia ten múltiples paisaxes, que nos permiten realizar visitas e itinerarios moi variados a zonas completamente distintas.

    A variedade xeográfica e climatolóxica condiciona as formas de construción, os cultivos, o uso e organización do territorio. Cada paisaxe é diferente pola súa natureza e pola súa organización territorial, o que nos permite mostrar unha gastronomía moi variada na que destacan, as carnes autóctonas, a pesca fluvial, a castaña, o viño, as augardentes, o pan, as patacas, os queixos, o mel, as froitas e moito máis. As construcións locais, tamén se adaptan á contorna: podemos ver pallozas, ata pobos autenticamente vitivinícolas, áreas de cereais e de moitos hórreos ou zonas claramente de produción gandeira ou de castaña.

    O patrimonio e as tradicións locais son unha auténtica sorpresa! Existe unha enorme riqueza en románico e prerrománico, os mosteiros son innumerables, hai grandes e descoñecidos pazos, coquetas e monumentais vilas, paisaxes de película, infinidade de ríos e mananciais termais con recoñecidas propriedades, enfin, o interior galego é unha zona menos coñecida que a costa ou que lugares turísticos como Santiago pero que realmente esconde grandes xoias e sorpresas como a Ourense, a capital Termal de Galicia, como Lugo e a súa muralla romana de máis de 2km ou como as fermosas localidades e pobos de Lalin, Mondoñedo, O Barco de Valdeorras, Allariz, Arzúa, Monforte, Ribadavia, A Golada, Sarria, Silleda, Baños de Molgas, Monterrei, Carballiño, Xinzo de Limia, Celanova ou A Pobra de Trives, entre tantas outras.

    Nos roteiros que organizamos, tratamos de mostrar esa riqueza e valor que ten o interior, esas formas e costumes xenuínas, que permanecen e queremos coidar e conservar, cun turismo sostible, que beneficie no local e achegue sensacións auténticas ao que nos visita.

    Somos Genuine Galicia, somos especialistas no menos coñecido de Galicia, somos especialistas no interior de Galicia.

    Descobre a Galicia verde connosco!

    Privacy Overview

    This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

    Strictly Necessary Cookies

    Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

    Analytics

    This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

    Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.