La Galicia Atlántica-Costa de Galicia, Á Carta
Description
Galicia conta con 1500 km de costa, é a rexión de España con máis lonxitude de terra que limita co mar, é por iso que a vinculación de Galicia ao mar é tan importante.
O litoral galego é moi variado, podemos ver desde longas praias de area fina, a paisaxes dunares, calas rochosas ou abruptos cantís de máis de 600m. de altura. As illas, as penínsulas e zonas rochosas modelan a paisaxe occidental, mentres que en paisaxe do norte da Comunidade componse de longas extensións de area e roca.
O océano Atlántico e o mar Cantábrico proporcionan unha variada fonte de alimentación e permitiron desde época romana unha actividade salina, así como o crecemento dunha industria tan importante como a conserveira nos séculos XIX e XX. A pesca, segue sendo un alicerce fundamental da economía galega, tanto de baixura como de altura, o marisqueo e hoxe tamén o cultivo de novos produtos, como as algas, fan de Galicia un referente no que a actividade marítima de refire.
A etnografía, as lendas e mitos relacionados co océano e o máis aló están moi presentes en Galicia, tanto a través da cultura oral, inmaterial pero tamén pola presenza de restos arqueolóxicos e construcións etnográficas. Cada recuncho de terra da nosa costa é testemuño da unión entre os galegos e o mar.
O mar tamén permite soñar e pensar nos novos mundos alén do océano. Os galegos cruzaron o atlántico sen medo e coa esperanza dunha mellor vida. A emigración a América foi unha constante desde o seu descubrimento, Galicia está intimamente ligada ao continente americano.
A gastronomía e a artesanía son un fiel reflexo da unión marítimo-terrestre de Galicia e que se percibe en todas as súas localidades como as cidades de Vigo, Pontevedra, A Coruña ou Ferrol. Sorprenderanche as históricas vilas de Ribadeo, Viveiro, Muros, Fisterra ou Baiona, así como as paisaxes e contorna das Rías Baixas e Altas, da Costa da Morte ou da Mariña lucense.
As nosas visitas guiadas e roteiros queren mostrarche esta unión e riqueza que temos na costa galega.
Anímate e descobre a Galicia atlántica!
TIPO DE RUTA: Á Carta
DURACIÓN: Variable/Xornada completa ou varias xornadas
HORA DE SAÍDA: A convir
PUNTO DE ENCONTRO: A convir
DESCRICIÓN: A ruta se personaliza para cada cliente
CUSTO/PREZO:
PARTICULARES: solicitar orzamento. Itinerario personalizado. Duración adaptada
- GRUPOS: Itinerario personalizado. Duración adaptada. Solicitar tarifas de grupo.
- COLES E INSTITUTOS: Tarifa especial. Posibilidade de ser realizada en idioma extranxeiro.
IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, Outros (solicitar).
OBSERVACIÓN:
- Visita dispoñible todo o ano.
- Obrigatorio Reserva Previa.
- Suxeito a dispoñibilidade de guía.
- A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade. A visita está condicionada polas aperturas, acontecementos excepcionais dos lugares a visitar.
- Visitas en idiomas: Só con reserva previa.
- Posibilidade de ampliar duración se é visita privada ou grupo
INCLUIDO: Guía Oficial de Galicia.
ENTRADAS: A determinar no programa.
TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Pódese xestionar cos nosos colaboradores.
PÓDECHE INTERESAR:
INFORMACIÓN E RESERVAS:
info@genuinegalicia.com ou tf 675 558 545