Deza Tabeirós – No corazón de Galicia, Á Carta

Se soñaches cos prados de Galicia, cos seus Pazos, as súas pequenas igrexas románicas e a tranquilidade do interior galego, isto é para ti … Esta zona é o corazón descoñecido de Galicia, o lugar da capital do Cocido galego : Lalín, a fermosa fervenza da Toxa ou o enigmático mosteiro de Carboeiro.

ZONA: Rías Baixas - Pontevedra - Vigo - Deza-Tabeirós - Baixo Miño

TIPO DE RUTA: A la cartas

DURACIÓN: Variable: Visita corta. Media xornada. Xornada completa ou varias xornadas.

HORA DE SAIDA: A convir

PUNTO DE ENCONTRO:

COSTE – PRECIO:

  • PARTICULARES:
  • GRUPOS: Itinerario personalizado
  • COLES E INSTITUTOS: Tarifa especial
  • IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).

    OBSERVACIÓNS:

    INCLUÍDO:

    ENTRADAS:

    TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Pódese xestionar cos nosos colaboradores

    PÓDECHE INTERESAR:


    Description

    Se soñaches cos prados de Galicia, cos seus Pazos, as súas pequenas igrexas románicas e a tranquilidade do interior galego, isto é para ti … Esta zona é o corazón descoñecido de Galicia, o lugar da capital do Cocido galego : Lalín, a fermosa fervenza da Toxa ou o enigmático mosteiro de Carboeiro.

    O Deza-Tabeirós é naturalmente unha zona de paso entre a Galicia costeira e a interior, enmarcada entre a serra do Candán e o monte Faro, foi ao longo dos séculos e ata hoxe, unha zona de paso para comerciantes, peregrinos e viaxeiros.
    Entre bosques e prados, atopamos localidades como Silleda, Lalin, A golada, A estrada ou Forcarei, lugares de feiras e mercados antigos, cuxa actividade local revela que a economía baseouse tradicionalmente no sector terciario e no comercio.
    A zona é espléndida, destacan os numerosos pazos como o Pazo de Oca, pero tamén igrexas ou mosteiros románicos como Aciveiro ou Carboeiro. O tranquilo entorno natural está composto por lugares coñecidos como a Fraga de catasós e a famosa Fervenza da Toxa, unha impresionante fervenza de máis de 60 metros.

    En Genuine Galicia, organizamos a túa ruta a medida, en función dos teus intereses e preferencias. Descubre O Deza-Tabeirós ao teu xeito!