Visita Ourense Cidade-Casco Histórico

Visita guiada polos principais lugares e monumentos da cidade de Ourense, as fontes termais de “ As Burgas”, a Praza Maior, a Catedral (Exterior ), igrexas, pazos e plazuelas da cidade vella de Ourense.

ZONA: Ourense - Allariz

TIPO DE RUTA: Cultural

DURACIÓN: Visita 1h-2h

HORA DE SAIDA: 11:30 e 17h30 ou 18h30 - Días laborables, sábados e domingos. Consultar calendario de actividade en días festivos. Outras horas ou datas, solicite dispoñibilidade.

PUNTO DE ENCONTRO: Fronte á porta da Oficina Municipal de Turismo

COSTE – PRECIO:

  • PARTICULARES: Adultos: 12 euros (IVE 21% incluido). Moz@s (de 13 a 17 anos): 6 euros (IVE 21% incluído). Nen@s: gratuíto.
  • GRUPOS: Solicitar tarifas de grupo
  • COLES E INSTITUTOS: Solicitar información
  • IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).

    OBSERVACIÓNS:
    OBRIGATORIO RESERVA PREVIA
    Visita dispoñible todo o ano.
    Suxeito a dispoñibilidade de guía.
    Visita peonil.
    A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade.
    Visitas en idiomas: Só con reserva previa.
    Posibilidade de modificar duración se visita privada ou grupo
    OUTROS HORARIOS: Solicitar información

    INCLUÍDO: Guía Oficial de Galicia

    ENTRADAS: Non hai custo de entradas

    TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Non incluido

    PÓDECHE INTERESAR:


    Description

    Visita guiada polos principais lugares e monumentos da cidade de Ourense, as fontes termais de “ As Burgas”, a Praza Maior, a Catedral (Exterior ), igrexas, pazos e plazuelas da cidade vella de Ourense. A pesar do seu tamaño, Ourense é a terceira cidade de Galicia e recibe alcumes como “A Atenas de Galicia”, A cidade do ouro ou a cidade das pontes. A súa fama vén dada polas Burgas e as numerosas fontes, que a converten na “segunda cidade termal” de Europa en canto ao fluxo de auga mineromedicinal.
    A visita á cidade de Ourense levará ao visitante a pasear pola zona arqueolóxico-termal das Burgas, coñecer os monumentos da zona máis antiga e descubrir o fermoso Ourense modernista. A visita ofrece ao visitante unha visión xeral da cidade e os seus arredores, personaxes e historia, contada de xeito agradable e relaxado.
    A visita é unha excelente introdución para os viaxeiros que desexen descubrir a provincia de Ourense debido ás referencias que se dan durante a visita dos puntos de interese da zona.

    You may also like…