Camiño de Santiago e Outros Camiños – Os carreiros de Galicia A La Carta

Galicia reúne un terzo de todos os nomes de lugares de España, a dispersión poboacional favoreceu a aparición dunha rica toponimia de aldeas e vilas que se comunican cun complexo trazado de estradas modernas, pero que conservan os seus camiños antigos, usados ao longo dos séculos para os labores diarios e o encontro dos seus veciños.

ZONA: Galicia

TIPO DE RUTA:

DURACIÓN: Variable: Visita corta. Media xornada. Xornada completa ou varias xornadas.

HORA DE SAIDA: A convir

PUNTO DE ENCONTRO:

COSTE – PRECIO:

  • PARTICULARES:
  • GRUPOS: Itinerario personalizado
  • COLES E INSTITUTOS: Tarifa especial
  • IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).

    OBSERVACIÓNS:
    Visita dispoñible todo o ano.
    Obrigatorio Reserva Previa.
    Suxeito a dispoñibilidade de guía.
    A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade. A visita está condicionada polas aperturas, acontecementos excepcionais dos lugares a visitar.
    Visitas en idiomas: Só con reserva previa.

    INCLUÍDO: Guía Oficial de Galicia

    ENTRADAS:

    TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Pódese xestionar cos nosos colaboradores

    PÓDECHE INTERESAR:


    Description

    Galicia reúne un terzo de todos os nomes de lugares de España, a dispersión poboacional favoreceu a aparición dunha rica toponimia de aldeas e vilas que se comunican cun complexo trazado de estradas modernas, pero que conservan os seus camiños antigos, usados ao longo dos séculos para os labores diarios e o encontro dos seus veciños.

    Dise de Galicia que é a terra dos mil ríos, e é certo pero tamén dos miles de carreiros e camiños que vertebran a nosa comunidade coma se dunha fina e densa telaraña se tratáse.

    Conservamos, os nosos camiños de arrieros, que eran usados para achegar o viño do sur de Galicia ás cidades e pobos, os nosos camiños que unían a costa e o interior para achegar o polbo pero tamén o bacallau ou as sardiñas ou xurelos. Tamén temos calzadas romanas como a famosa Vía Nova, a vía XVIII do Itinerario de Antonino, ou os camiños reais, aparecidos no medievo. Outros máis recentes son os camiños do contrabando, a través dos cales se pasaban produtos entre Portugal e Galicia, como o café, pero tamén o gando ou a penicilina.

    Hai tantos camiños que para a súa identificación foron bautizados cunha rica e variada toponimia, que ás veces resulta moi curiosa pola orixe ou as historias que pode ter.

    De todos os camiños, o de Santiago é o máis coñecido, entre os camiños de Santiago, podemos nomear a Vía da Prata, O Camiño do Norte, o Camiño de Inverno, o portugués, o inglés etc…que conforman parte dos camiños oficiais que son recoñecidos como vías de peregrinación a Santiago de Compostela.

    Hoxe moitos dos nosos camiños recupéranse e sinalizan para gozar deles, para percorrelos, coñecer a natureza, o seu patrimonio, lugares e xentes, para realizar unha inmersión no ámbito local e sentir a contorna dunha maneira máis sensitiva.

    En Genuine Galicia queremos achegarche estes camiños descoñecidos e que vivas a nosa contorna como a percibimos os veciños, non dubides en mirar a nosa oferta de actividades ou en contratar un roteiro a medida. Podemos realizar un roteiro pequeno contigo, incluír a andaina nun roteiro cultural ou acompañarte no itinerario durante varios días ata chegar á túa meta.