Ancares e Courel – Montaña lucense, Á Carta

Maxestuosas e elegantes son as montañas do oriente galego. Nelas perviven formas de vida puras, propias de épocas xa pasadas e tradicións arraigadas á terra. A beleza da contorna e o rico patrimonio etnográfico e gastronómico, fan deste lugar un destino para descubrir. Apetéceche sentir como se detén o tempo? Aquí a vida «slow» é algo natural.

ZONA: Lugo y Terra Chá - Mariña - Ancares - Courel

TIPO DE RUTA: A la cartas

DURACIÓN: Variable: Visita corta. Media xornada. Xornada completa ou varias xornadas.

HORA DE SAIDA: A convir

PUNTO DE ENCONTRO:

COSTE – PRECIO:

  • PARTICULARES:
  • GRUPOS: Itinerario personalizado
  • COLES E INSTITUTOS: Tarifa especial
  • IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, otros (solicitar).

    OBSERVACIÓNS:

    INCLUÍDO:

    ENTRADAS:

    TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Pódese xestionar cos nosos colaboradores

    PÓDECHE INTERESAR:


    Description

    Maxestuosas e elegantes son as montañas do oriente galego. Nelas perviven formas de vida puras, propias de épocas xa pasadas e tradicións arraigadas á terra. A beleza da contorna e o rico patrimonio etnográfico e gastronómico, fan deste lugar un destino para descubrir. Apetéceche sentir como se detén o tempo? Aquí a vida «slow» é algo natural.

    Situados ao leste de Galicia, os montes do Courel e dos Ancares son un límite natural coas comunidades veciñas de Asturias e León.
    O complexo montañoso está composto por bosques atlánticos e prados verdes entre os que aparecen pequenas aldeas e cidades dispersas.
    O pasado illamento da zona e o duro inverno favoreceron a supervivencia de costumes de gran valor etnográfico e de construcións tradicionais que perviviron ata hoxe, como as “pallozas”, construcións rústicas que se caracterizan pola súa cuberta vexetal e que se empregaron como vivenda e para gando.
    Nesta zona pódense visitar varios xacementos etnográficos de interese, como Froxán, Piornedo ou a aldea do Cebreiro, paso para os peregrinos que seguen o Camiño Francés.
    O visitante ten a oportunidade de gozar da paisaxe, a súa fauna e a súa vexetación, ao mesmo tempo que descubre un sorprendente patrimonio, entre os que se atopa o impoñente mosteiro de San Julián de Samos, as igrexas de San Pedro Fiz de Hospital (o único exemplo de mármore de Galicia) ou a fermosa igrexa de Santa María a Real de O cebreiro. Fortes, torres, pontes, edificios preindustriais, pequenas villas e a súa saborosa gastronomía completan o fermoso patrimonio dos Ancares-Courel.
    En Genuine Galicia, organizamos a túa ruta a medida, en función dos teus intereses e preferencias. Descubre Os Ancares e O Caurel ao teu xeito!