A Limia y Celanova – Baixa Limia, Á Carta
Description
Esta é unha zona de Galicia na que nos atoparemos cunha gran concentración de monumentos do megalitismo, vías e calzadas romanas como a Vía Nova, monumentos prerrománicos con máis de 1000 anos, vilas de poetas ou capitais do bullicioso entroido.
Sorprenderache e apaixonarache a natureza exuberante do Parque Natural Internacional: O Xurés– Gêres, a grandiosidade pasada da lagoa de Antela e a cultura etnográfica nada da proximidade con Portugal.
Esta área de Galicia é rica en tradicións, gastronomía e natureza, pero tamén en monumentos e vilas como Celanova ou Vilanova dos Infantes.
Entre os monumentos relixiosos destacamos a visigoda igrexa de Santa Comba de Bande do s.VII, a capela mozárabe de San Miguel de Celanova, a barroca igrexa de Santa María a Real de Entrimo, o impoñente mosteiro de San Salvador de Celanova (Mosteiro de San Rosendo), o mosteiro de Trandeiras e o gran patrimonio románico da zona entre moitos outros.
Ao limitar con Portugal, a zona ten un gran número de torres e restos de fortalezas defensivas que se suman ao patrimonio monumental da zona. Nestas terras existen lugares remotos e xenuínos, descoñecidos na fronteira co noso veciño Portugal, que foron os espazos do contrabando de produtos na fronteira galaicoportuguesa. Anímache e descúbreos connosco.
Esta é unha zona para sentir, saborear e gozar da natureza autóctona, dos pobos, da paisaxe e dos monumentos ao longo da « raia seca» .
TIPO DE RUTA: Á Carta
DURACIÓN: Variable/Xornada completa ou varias xornadas
HORA DE SAÍDA: A convir
PUNTO DE ENCONTRO: A convir
DESCRICIÓN: A ruta se personaliza para cada cliente
CUSTO/PREZO:
- PARTICULARES: solicitar orzamento. Itinerario personalizado. Duración adaptada
- GRUPOS: Itinerario personalizado. Duración adaptada. Solicitar tarifas de grupo.
- COLES E INSTITUTOS: Tarifa especial. Posibilidade de ser realizada en idioma extranxeiro.
IDIOMAS: Castellano, Galego, Français, Italiano, English, Deutsch, Português, Outros (solicitar).
OBSERVACIÓN:
- Visita dispoñible todo o ano.
- Obrigatorio Reserva Previa.
- Suxeito a dispoñibilidade de guía.
- A visita pode sufrir cambios por causas alleas á nosa vontade. A visita está condicionada polas aperturas, acontecementos excepcionais dos lugares a visitar.
- Visitas en idiomas: Só con reserva previa.
- Posibilidade de ampliar duración se é visita privada ou grupo
INCLUIDO: Guía Oficial de Galicia.
ENTRADAS: A determinar no programa.
TRANSPORTE, ALOXAMENTO E COMIDA: Pódese xestionar cos nosos colaboradores.
PÓDECHE INTERESAR:
INFORMACIÓN E RESERVAS:
info@genuinegalicia.com ou tf 675 558 545