Visita a Allariz-Casco Histórico
12.00€Allariz é unha fermosa vila, un modelo de restauración e recuperación do seu casco histórico. O ambiente natural e fluvial mestúrase en harmonía co patrimonio monumental, dando lugar a un conxunto histórico-artístico cheo de recursos. Produtos locais, artesanía, tendas Outlets, gastronomía local e numerosas actividades completan a oferta turístico-cultural da vila.



