Día das Letras Galegas 2019 e Antón Fraguas

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Esta é unha das datas máis sinaladas para o pobo galego. Cada 17 de maio, un autor ou autora é homenaxeado pola súa obra literaria e/ou pola defensa da lingua. A Real Academia Galega é o organismo que, dende 1963, debate e elixe á personaxe á que se rinde honra.

O 17 de maio en 1863, tiña lugar un punto de inflexión na historia de Galicia; publicouse o primeiro exemplar de Cantares gallegos. Unha obra poética da carismática Rosalía de Castro, que marcou o inicio do Rexurdimento ou renacemiento cultural galego.

É un día festivo en Galicia no que hai numerosos actos e eventos culturais tanto en organismos públicos coma privados. Nos días previos, nos centros educativos tamén se da a coñecer ao homenaxeado/a e fanse actividades para fomentar o valor da lingua galega.

ANTÓN FRAGUAS

Antón Fraguas Fraguas é o escritor galego homenaxeado este ano 2019 no Día
das Letras Galegas.
Desde pequeno estivo interesado no estudo e investigación da cultura galega,
especialmente do rural. Gran parte da súa obra escrita se basa nas investigacións
antropolóxicas das festas,  folclore o do traxe tradicional.
Ademáis de investigador, tamén foi un gran promotor da lingua galega xa que
se integrou nas Irmandades da Fala, unha organización política en defensa da
cultura e identidade de Galiza. Impulsou con entusiasmo a actividade do Museo do
Pobo Galego, do que fue foi presidente.
Pertenceu á Xeración Nós, ademáis de colaborar na revista do mesmo
nome. Neste grupo de galeguistas estaban  Ramón Otero Pedrayo e
Antón Losada Diéguez, personalidades relevantes na historia de Galicia e amigos de Fraguas.
De profesor na Universidade de Santiago de Compostela pasou a ocupar a cadeira de
Castelao, o seu mentor, na Real Academia Galega.
A súa carreira académica foi galardonada con premios como o Premio das Letras e
das Artes da Xunta de Galicia ou a Medalla Castelao.

 

Publicaciones Similares